Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Sedimentoloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Os contidos das clases maxistrais continuarán como nas clases presenciais e impartiranse a través de formas de aprendizaxe a distancia, é decir serán total ou parcialmente virtuais usando CampusRemoto (https:// campusremotouvigo. gal) e complementaranse cando sexa necesario con material de literatura adicional.

* Metodoloxías docentes que se modifican
As saídas de campo desenvolveranse utilizando vídeos e fotografías de contornas dalgunhas praias de Galicia para ilustrar os procesos sedimentarios nas zonas costeiras.

Utilizaranse fotografías microscópicas de mostras de sedimentos e seccións delgadas de rochas sedimentarias para ilustrar as diferenzas petrográficas de diferentes sedimentos e rochas sedimentarias.

Usaranse vídeos para ilustrar o compoñente de laboratorio dos seminarios, mentres que os conxuntos de datos sintéticos usaranse para calcular a sedimentación e a deposición de sedimentos siliciclásticos e as condicións químicas para a deposición de sedimentos carbonatados.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Todas as titorías serán erán total ou parcialmente virtuais usando CampusRemoto.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos continuarán como nas clases presenciais.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Ningunha.

* Outras modificacións
Ningunha.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Cuestionarios teoría: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Seminarios: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Saídas de Campo: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 10%]
Exame final: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

O proceso de cualificación por avaliación continua será o mesmo que no caso presencial, cambiando tan só o método de impartición dos contidos establecido no plan de continxencia da guía docente.

* Probas pendentes que se manteñen
Cuestionarios teoría: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Seminarios: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Saídas de Campo: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 10%]
Exame final: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]

* Probas que se modifican
[exame final] => [exame oral]

O exame final será exclusivamente un exame oral. Será a única forma de avaliación dispoñible para aquelas persoas que non obteñan unha cualificación >/= 5 na avaliación continua. A súa cualificación final basearase exclusivamente nesta proba.
Os/as estudantes que obteñan unha cualificación >/= 5 na avaliación continua poderán presentarse ao exame oral para mellora a súa nota: Neste caso faríase a media coa cualificación da parte continua sempre que superen o 4 na proba oral.

* Novas probas
Exame final oral

* Información adicional
Ningunha
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000