Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a asimilación de coñecementos do estudantado cunha proba escrita individualizada baseada en resolución de problemas e cuestións reflexivas curtas relacionadas coa materia desenvolvida. A Proba realizarase conforme ao calendario oficial: http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2 40 A5
C1
C4
C5
D1
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Cualificarase a realización das prácticas realizadas no laboratorio e a memoria das mesmas, feita polo alumnado en grupos de dúas persoas 25 A5
B1
B3
C1
C4
D2
Cartafol/dossier Realización dun e-portfolio en grupos de dúas persoas baseado en contidos da materia 35 A5
B1
B3
C1
C4
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/

Na avaliación de Xullo poderase realizar unicamente a recuperación da proba escrita corresponde á resolucion de problemas e/ou exercicios que ten un peso do 40%.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000