Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Física: Física II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Se manteñen as metodoloxías baseadas na lección maxistral, seminarios e prácticas de laboratorio.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Tanto no escenario de 1)docencia presencial e presencial en liña síncrona (mixta) como no de 2) docencia presencial en liña síncrona (virtual) levaranse a cabo as metodoloxías referidas mediante o Campus Integra e o Campus Remoto, respectivamente.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Tanto no escenario 1 como 2, levarase a cabo mediante o Campus Remoto no despacho virtual dos docentes, e o intercambio de correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non procede.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non Procede

* Outras modificacións
Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Se o escenario 1 e/ou 2 se chega a producir, avaliarase a asimilación de coñecementos e competencias do estudantado cos mesmos sistemas de avaliación, se ben no que se refire ao exame final, éste levarase a cabo mediante o Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000