Seminario |
As clases de seminario serán principalmente labor do alumno, baixo a supervisión do profesor, e empregaranse fundamentalmente para:
- Resolución de problemas, tanto de xeito individual como en grupo.
- Incidir, unha vez o estudante traballe os aspectos básicos, sobre aqueles contidos de cada tema que poidan presentar unha maior complexidade. |
Prácticas de laboratorio |
Realización baixo a supervisión do profesor pero de xeito autónomo, de prácticas de laboratorio relacionadas coa materia.
As devanditas prácticas realizaranse por parellas en sesións de 4 horas.
Con antelación suficiente, os alumnos disporán, na plataforma correspondente, dos guións das prácticas a realizar xunto con todo o material adicional necesario. O guión presentará os elementos esenciais para realizar a práctica a nivel experimental, así como os puntos básicos do seu fundamento teórico e do tratamento dos datos.
Ó rematar as prácticas, realizarase unha avaliación mediante unha proba escrita, entrega de informe e/ou proba oral segundo o criterio do docente. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Ao rematar cada tema ou grupo de temas propoñeranse uns "Exercicios Avaliables" que o estudantado deberá resolver e entregar ao docente dentro do prazo que se fixe. |