Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Deseño de aplicacións con microcontroladores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de exercicios de programación en linguaxe C. Avalíanse as competencias CE58 e CE59. 20 C58
C59
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos/as terán que entregar unha memoria que corresponda ó proxecto asignado. O profesor/a valorará ademáis o traballo individual de cada alumno durante as horas presenciais. Avalíanse as competencias CE58 e CE59. 60 C58
C59
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de teoría, realizada na aula ó final do cuadrimestre. Avalíase a competencia CE58. 20 C58
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

A materia avalíase de forma continua, mediante unha proba que trata os aspectos teóricos,  a elaboración dun proxecto e a resolución de exercicios de programación en linguaxe C. A docencia impártese en castelán e en galego. O enunciado das probas será en castelán.

A proba teórica realízase no período de exames no horario establecido pola Escola. Requírese obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 e ten un peso do 20% no total da materia.

A presentación e seguimento do proxecto realízase nas sesións tipo B e C. Avalíase baseándose na memoria que os alumnos/as entregan ó finalizar a materia (40%) e na valoración por parte do profesor do traballo individual desenvolvido (60%). O peso sobre a nota final é dun 60%.

Despois de que un alumno/a se presenta ás tres primeiras clases
prácticas (tipo B ou C) considérase que opta pola opción de avaliación
continua e, a partires dese momento, constará como presentado na
convocatoria.

Os exercicios de programación en linguaxe C serán propostos e correxidos en sesións de tipo A. O peso sobre a nota final é dun 20%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo da proba teórica, dos exercicios e do proxecto.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:

CG = 0,2*CT +  0,6*CP + 0,2*CE (1)

CT = nota de teoría, CP = nota do proxecto, CE = nota dos exercicios.

No caso de non superar algunha das actividades, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4.5, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (1)

Segunda Oportunidade: ten o mesmo formato ca primeira oportunidade, os alumnos/as deben repetir os exames e a entrega do proxecto e os exercicios.

AVALIACIÓN ÚNICA (E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA):

Os alumnos/as que non participen na avaliación continua, avalliaranse mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos/as de avaliación continua.

A avaliación da parte práctica da materia realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O exame presentará exercicios de programción en linguaxe ensamblador e linguaxe C. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 80%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de polo menos 5, na seguinte fórmula:

CG = 0,2*CT + 0,8*CP  (2)

CT = nota do exame de teoría, CT = nota do exame de prácticas.

No caso de non superar algunha das probas, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4,5, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (2)

NOTA IMPORTANTE:

Os alumnos/as que non participen no proceso de avaliación continua, e prefiran optar pola avaliación única, deben inscribirse para poder asistir, contactando co profesorado da materia mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000