=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas excepto as prácticas de laboratorio. As outras metodoloxías levarán a cabo en remoto.
* Metodoloxías docentes que se modifican
As prácticas de laboratorio veranse modificadas da seguinte forma: Das 6 prácticas previstas 4 poderían ser realizadas de forma remota xa que se basean na utilización dun PC e software específico. Dos dous programas de software específico utilizado, un deles poderíaselles pasar aos alumnos para que o instalen e usen nos seus propios computadores e para o outro, buscaríase unha alternativa para que os alumnos póidano utilizar tamén en remoto. As outras dúas prácticas faríanse en remoto. O profesor mostra mediante un vídeo o funcionamento do posto de traballo e do seu equipamento, toma as medidas e os alumnos tratan dita información e elaboran a memoria correspondente.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
A atención do alumnado realizaríase en remoto por videoconferencia, correo electrónico e teléfono.
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non hai cambios
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non hai cambios. Seguirase utilizando a bibliografía incluída no punto 8, ademais da documentación adicional que está en FAITIC, aínda que é probable que se inclúa algún artigo adicional.
* Outras modificacións
Non hai máis modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación continua seguirá os mesmos criterios de cursos anteriores xa que se basea na realización de tarefas e traballos, tanto individuais como en grupo. Ademais da realización das prácticas de laboratorio. En caso de ensino non presencial a presentación dos traballos será en remoto.
Si algún alumno opta pola avaliación única, tanto en primeira como en segunda oportunidade, a avaliación tampouco cambia, exceptuando que o exame será realizado tamén en remoto. |