Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción
 Materias
  A industria do automóvil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito. Preguntas de selección entre varias opcións. Avaliación resultados de aprendizaxe: "Identificar os procesos de desenvolvemento e industrialización dun automóbil." "Avaliar as distintas estratexias de desenvolvemento e industrialización dun automóbil." 50 A5
B6
B7
C1
C15
D3
D5
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de resposta aberta nas que o alumno deberá expor de forma escrita os seus coñecementos sobre un tema. Avaliación resultados de aprendizaxe: "Describir os aspectos xerais da industria do automóbil." "Identificar, desenvolver e analizar os procesos involucrados no desenvolvemento dun automóbil." 50 A3
A5
B3
B7
B8
C1
C15
D1
D3
D5
D6
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Emprégase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).

Avaliación continua: En cada tema da materia poderanse expor exercicios/traballos que permitirán ao alumno obter neles unha cualificación parcial que lles poderá permitir non realizar total ou parcialmente a parte do exame final correspondente aos devanditos temas.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a  cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as  probas de avaliación salvo autorización expresa.

O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a  cualificación global será de suspenso (0.0).

Calendario de exames: Esta información pódese consultar de forma actualizada no calendario do curso.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000