Exame de preguntas de desenvolvemento |
Probas de resposta aberta nas que o alumno deberá expor de forma escrita os seus coñecementos sobre un tema.
Avaliación resultados de aprendizaxe:
"Describir os aspectos xerais da industria do automóbil."
"Identificar, desenvolver e analizar os procesos involucrados no desenvolvemento dun automóbil." |
50 |
A3 A5
|
B3 B7 B8
|
C1 C15
|
D1 D3 D5 D6 D7 D8 D9
|
Emprégase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro). Avaliación continua: En cada tema da materia poderanse expor exercicios/traballos que permitirán ao alumno obter neles unha cualificación parcial que lles poderá permitir non realizar total ou parcialmente a parte do exame final correspondente aos devanditos temas. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Calendario de exames: Esta información pódese consultar de forma actualizada no calendario do curso. |