Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Estatística espacial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que concorran circunstancias excepcionais, as adaptacións serían idénticas tanto para impartir ensino mixto como ensino non presencial, segundo se indica a continuación.

En ámbolos dous casos (ensino mixto ou non presencial), as clases impartiríanse por campus remoto, tanto para a teoría como para a práctica da materia, de xeito que non sería preciso ningunha modificación na metodoloxía docente, nin nos contidos a impartir, nin na bibliografía.

En ámbolos dous casos (ensino mixto ou non presencial), o exame de preguntas obxectivas (50%) substituiríase por un traballo individual autónomo (25%) e un exame oral curto que se realizaría por campus remoto (25%). Manteríanse as restantes actividades de avaliación, se ben realizaríanse como probas en liña con exame por correo electrónico en tempo limitado e con apuntamentos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000