Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Controis de cada unha das tres partes principais da materia para o cómputo da nota final ou Exame final en caso de non aprobar por avaliación continua (tres controles) 100 A5
B7
C6
C10
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia poderá aprobarse por avaliación continua ou mediante a realización do exame final correspondente á convocatoria ordinaria ou extraordinaria da materia:

1) Por avaliación continua: os alumnos poderán realizar durante o curso 3 controis, un por cada parte principal da materia, que lles eximirá de ir ao exame final si a nota final resultante da media aritmética do tres controles é igual ou superior a 5. Agora ben, para realizar esta media aritmética, a nota en cada parte non poderá ser inferior a 3 sobre 10 puntos.

2) Exame final: no caso de que o alumno renuncie á avaliación continua ou a media aritmética dos 3 controis sexa inferior a 5 (ou algún dos controis non obteña o mínimo esixido de 3 sobre 10 puntos), o alumno deberá presentarse ao EXAME FINAL. Neste caso, o alumno poderá consevar a nota da(s) proba(s) superada(s) con polo menos un 3 sobre 10 durante o curso, e presentarse unicamente a aquela(s) parte(s) na(s) que obteña unha nota inferior a 3 sobre 10.

A nota final resultará da media aritmética das tres partes superadas con polo menos un 3, ben durante o curso, ben no exame final. Superarase a materia si esta nota media é igual ou superior a 5 sobre 10.

Nas convocatorias extraordinarias do curso manteranse os mesmos criterios de avaliación, polo que se gardará a nota dos controis realizados e superados con polo menos un 3 sobre 10 durante todo o curso.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas e horas das probas finais correspondentes ás
convocatorias de maio e xullo estarán dispoñibles na páxina web da facultade http://fccee.uvigo.es  
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000