=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A metodoloxía, contidos e titorías non se modificarán, simplemente pasarán a desenvolverse de xeito non presencial mediante Campus Remoto e a plataforma de teledocencia e atendendo ás indicacións que se faciliten no seu momento por parte das autoridades académicas.
As sesións de titorización realizanse por medios telemáticos (correo electrónico ou videoconferencia).
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
O exame final e/ou os parciais liberatorios se sustituirán pola realización e entrega dun traballo sobre un dos temas propostos e coa mesma ponderación (60%). |