Aprendizaxe colaborativa |
Valorarase a participación nas clases, os resultados do traballo en grupo e a implicación co mesmo. |
10 |
|
B4
|
C3 C5 C8 C9 C11 C12
|
D2 D4 D7
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizaranse exames de preguntas obxectivas sobre o temario da materia. Esíxese un nivel mínimo de coñecementos para superar a materia. |
70 |
|
B4
|
C3 C5 C8 C9 C11
|
|
O alumnado pode elexir entre seguir un sistema de avaliación continua ou ben presentarse a un único exame final. Neste último caso, terá que demostrar que adquiriu as competencias esixidas na materia, do mesmo modo que se seguira un proceso de avaliación continua. Tanto co proceso de avaliación continua como co exame final poderase obter o 100% da cualificación.
Os/as alumnos/as que renuncien ao sistema de avaliación continua deberán comunicarllo á persoa coordinadora da materia nas primeiras semanas do cuadrimestre (unha vez iniciadas as clases prácticas).
- No proceso de avaliación continua terase en conta o resultado das actividades realizadas nas clases prácticas e o resultado das probas parciais desonvolvidas durante o curso (xeralmente, dúas). As actividades das clases prácticas ponderan un 30% do total da materia. As probas parciais ponderan, entre todas, un 70% do total da materia. Por necesidades de organización docente, a última destas probas parciais poderá realizarse na mesma data que o exame final oficial da materia.
- Para superar a materia polo sistema de avaliación continua esíxese unha cualificación superior a 4 puntos sobre 10 tanto nas probas correspondentes á docencia práctica como nas probas parciais. En calquera caso, para superar a materia, a nota media ponderada das probas realizadas ao longo do curso ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre un total de 10.
- A cualificación obtida nas prácticas, para aquel alumnado que o solicite, manterase até a segunda convocatoria.
- Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100% da cualificación. O exame dividirase en duas partes: unha de contidos relativos ás clases teóricas e outra de contidos relativos ás clases prácticas. A parte teórica ponderará o 70% do total; a parte relativa ás prácticas ponderará o 30% do total. Isto tamén será de aplicación na segunda convocatoria. Para superar o exame esíxese unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes. En calquera caso, para poder superar a materia, a nota media ponderada das distintas partes do exame ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
- Na convocatoria de Fin de
carreira o exame suporá o 100% da cualificación.
|