Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía pública
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Farase un exame parcial, que non elimina materia, a mediados do cuadrimestre. 20 C1
C2
C3
C5
D1
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Farase un exame final, que cubre todos os temas da materia, na data oficial. 70 C1
C2
C3
C5
D1
D5
D7
Presentación Lecturas, análise de datos, resolución de exercicios e/ou presentacións 10 C1
C2
C3
C5
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado terá dúas opcións para superar a materia:

1. Renunciar á avaliación continua e solicitar a avaliación mediante un exame final, que suporá o 100% da nota, e que se celebrará na data oficial segundo se recolle na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Para renunciar á avaliación continua é necesario enviar un correo electrónico ás docentes da materia antes do 15 de outubro de 2021. Por suposto, a asistencia a clase segue a ser altamente recomendable aínda que non se escolla a avaliación continua. 

2. Acollerse á avaliación continua, que consta de tres partes:

a. Actividades realizadas na aula vinculadas con lecturas, análise de datos, resolución de exercicios e/ou presentacións (10%).

b. Un exame parcial, non eliminatorio, a mediados do cuadrimestre (20%).

c. Un exame final, que inclúe todos os temas da materia, a celebrar na data oficial segundo se recolle na páxina web da facultade, http://fccee.uvigo.es (70%).

Se a/o estudante non se presenta ao exame parcial (b), deixará de ser avaliada/o en réxime de avaliación continua e pasará a ser avaliada/o exclusivamente mediante o exame final. Tamén sairá da avaliación continua se a nota do exame parcial (b) non supera o 35% da súa puntuación máxima.

De forma extraordinaria, aqueles/as estudantes que habendo obtido máis dun 35% da puntuación máxima no exame parcial queiran renunciar á avaliación continua, poderán solicitalo enviando un correo electrónico ás docentes antes do 15 de novembro de 2021. 

Na convocatoria Fin de Carrera, a avaliación realizarase, exclusivamente, cun exame final (que constituirá o 100% da nota).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000