Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Estatística II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que as autoridades competentes (Goberno de España, Xunta de Galicia, universidade de Vigo, etc) tivesen que tomar medidas que imposibilitasen a docencia presencial, o profesorado da materia tentará adaptarse á nova situación seguindo as directrices que diten ao respecto.

En canto á metodoloxía docente, cambiaranse as clases presenciais por clases virtuais a través do campus remoto. Os contidos que se impartirán deste xeito non cambiarán e, polo tanto, non será necesaria nova bibliografía.

En canto ao sistema de avaliación, se cambiarán os exames presenciais por virtuais, que se realizarán a través dalgunha das plataformas que a universidade habilite a tales efectos (moovi, despachos remotos, etc). A ponderación das diversas probas non se cambiará salvo circunstancias de forza maior (por exemplo, a universidade de Vigo durante o curso 2019-20 limitou a ponderación máxima do exame final).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000