Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Contabilidade
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
En caso de ter que pasar a un sistema de ensino virtual, debido a emerxencia sanitaria ou calquera outro tipo de emerxencia, manteranse as mesmas metodoloxías docentes facendo uso das ferramentas virtuais que a UVigo pon a disposición do PDI e o alumnado (aulas e despachos virtuais, moovi, correo electrónico, etc.)

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non é necesario modificar ningunha metodoloxía.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As tutorías realizaranse a través dos medios postos a disposición do profesorado e do alumnado, pola UVigo, con sistema de concertación previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non procede

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As porcentaxes correspondentes aos distintos tipos de probas, mantéñense, con independencia de que a avaliación sexa virtual ou presencial. En caso de ter que pasar a un sistema de docencia e avaliación virtual, os alumnos serán avaliados a través dos medios que a UVigo pon á nosa disposición (Campus Remoto, moovi, etc.)

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000