Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Matemáticas II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Manteranse as mesmas metodoloxías na docencia e titorias non presenciais, coa utilización do Campus Remoto ou outros medios dos que a Universidade de Vigo dispoña. Non haberá modificacións nos contidos a impartir.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Manterase a mesma estructura de probas. As realizadas de xeito presencial terán a mesma ponderación prevista. As probas que teñan que facerse de xeito virtual terán unha valoración máxima do 70% do previsto inicialmente, que se complementará, no restante 30%, con probas orais curtas.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000