Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía española
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Porase a disposición do alumnado material (transparencia e datos) para realizar unha aprendizaxe autónoma ou semipresencial mantendo a diferenza entre actividades prácticas con farramentas informáticas(fontes estatísticas, tratamento da información, respostar cuestionarios de preguntas relativas ao temario da materia, informes) e aprendizaxe de contido teórico (transparencias, cuestionarios, exercicios).

* Metodoloxías docentes que se modifican: Dentro das posibilidades porase a disposición do alumnado material (transparencia e datos) para realizar unha aprendizaxe autónoma ou semipresencial mantendo a diferenza entre a baseada nun uso de farramentas informáticas (fontes estatísticas, tratamento da información, respostar cuestionarios de preguntas relativas ao temario da materia, informes) e aprendizaxe de contido teórico (tranparencias, cuestionarios, exercicios).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías). Atenderanse as dúbidas do alumnado por correo electrónico e en titorias virtuais utilizando campus remoto.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir. Sen cambios
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas
No caso de terse realizadas probas no sistema presencial estas teranse en conta proporcionalmente na avaliación continua. O peso das probas realizadas dependerá do número de horas de clase (prácticas con apoio de TICs, traballo tutelado e leccións maxistrais) presenciais impartidas en relación ao total de horas de clase (clase con prácticas de apoio de TICs, traballo tutelado e leccións maxistrais) recollidas no apartado de planificación desta guía.


* Probas pendentes que se manteñen
Na avaliación continua, as probas periódicas concentraranse en dúas probas con idéntico peso cada unha delas. A primeira realizarase á metade de cuadrimestre e a segunda o finalizar. Realizarase unha ou dúas probas en función das horas de clases afectadas polo plano de continxencia (PC): unha proba se as horas de clase afectadas polo PC son menos do 50% de horas total de clase recollidas no apartado de planificación desta guía docente e dúas probas se as horas de docencia afectadas PC son máis ou igual ó 50% das horas total de clase recollidas no apartado de planificación desta guía docente. Para estas probas seguen sendo válidas as proporcións de avaliación recollidas no epígrafe de avaluación desta guía: prácticas con apoio de TICs, traballo tutelado e lección maxistral.


* Probas que se modifican: a avaliación continua, as probas periódicas concentraranse en dúas probas con idéntico peso cada unha delas. A primeira realizarase á metade de cuadrimestre e a segunda o finalizar. Realizarase unha ou dúas probas en función das horas de clases afectadas polo (PC): unha proba se as horas de clase afectadas polo PC son menos do 50% de horas total de clase recollidas no apartado de planificación desta guía docente e dúas probas se as horas de docencia afectadas polo plano de PC son máis ou igual ó 50% das horas total de clase recollidas no apartado de planificación desta guía docente. Para estas probas seguen sendo válidas as proporcións de avaliación recollidas no epígrafe de avaluación desta guía: prácticas con apoio de TICs, traballo tutelado e lección maxistral.

* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000