Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

=Metodoloxías docentes que se manteñen=
En caso de ter que pasar a un sistema de ensino virtual, debido a emerxencia sanitaria ou a calquera outro tipo de emerxencia, manteranse as mesmas metodoloxías docentes facendo uso das ferramentas virtuais que a UVigo pon a disposición do PDI e do alumnado (aulas e despachos virtuais, plataforma de teledocencia, correo electrónico, etc.)

=Metodoloxías docentes que se modifican=
Non é necesario modificar ningunha metodoloxía, xa que están concibidas para ser empregadas tanto en caso de presencialidade, como semipresencialidade ou docencia totalmente virtual.

=Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)=
As titorías realizaranse a través dos medios postos a disposición do profesorado e do alumnado, pola UVigo. Cada docente indicará ao alumnado titorizado o método que seguirá para a realización de titorías.

=Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe=
En caso de docencia plenamente virtual o/a titor/a adaptará a bibliografía precisa para a elaboración do TFG ás circusntancias excepcionais do momento, para que o alumnado poida seguir co seu traballo sen verse prexudicado pola situación.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As porcentaxes mantéñense, con independencia de que a avaliación sexa virtual ou presencial. En caso de ter que pasar a un sistema de docencia e avaliación virtual, os/as alumnos/as serán avaliados a través dos medios que a UVigo pon á nosa disposición (Campus Remoto...)
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000