Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O sistema de avaliación continua consistirá en tres exames escritos: os dous primeiros, de resolución de probas obxetivas parciais (“probas de tipo test”, aos que se refire este apartado da Guía), e o terceiro, de resolución de problemas e/ou exercicios (referido no seguinte apartado da Guía).
Os exames correspondentes á resolución de probas obxetivas parciais, “probas tipo test”:
- celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral
- cada exame comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuadrimestre polo/a profesor/a da materia
- consistirán en probas tipo test, para cuxa cualificación cada a resposta correcta suma o dobre que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco
-Ámbolos dous exames ponderaranse ao 60% para a cualificación final (cada exame ten un valor do 30%), correspondendo o outro 40% á resolución de problemas e/ou exercicios (que se describe no apartado seguinte).
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario que a nota resultante dos tres exames, de acordo coa ponderación indicada, sexa igual ou superior a 5 puntos. Quen acuda á primeira proba parcial, manifestando así o seu interese por acollerse a este sistema de avaliación continua, será avaliado nesta oportunidade de acordo cos criterios previamente establecidos e non terá dereito a ser avaliado mediante un exame final que constitúa o 100% da cualificación da materia. Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba parcial, a alumna ou alumno non se presentase á seguinte ou seguintes, a cualificación destas será de 0 puntos.
60 B1
B2
B5
B10
C15
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario que a nota resultante dos tres exames, de acordo coa ponderación indicada no apartado anterior, sexa igual ou superior a 5 puntos. Quen acuda á primeira proba parcial, manifestando así o seu interese por acollerse a este sistema de avaliación continua, será avaliado nesta oportunidade de acordo cos criterios previamente establecidos e non terá dereito a ser avaliado mediante un exame final que constitúa o 100% da cualificación da materia. Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba parcial, a alumna ou alumno non se presenta á seguinte ou seguintes, a cualificación destas será de 0 puntos.

A proba de resolución de problemas e/ou exercicios terá lugar na data oficial de exame final para esta materia no curso 2021-2022 publicada na web da Facultade: http://fccee.uvigo.es
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B10
B14
C5
C7
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1.ª OPORTUNIDADE DE EXAME

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
Descríbese nos apartados anteriores.
b) SISTEMA DE EXAME FINAL
Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá
optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación
. A avaliación da
materia consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario
oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2021-2022, que estará dispoñible na web http://fccee.uvigo.es
O
devandito exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o
100% da cualificación da materia, constará de dúas partes, unha teórica e
outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A
parte teórica consistirá en
probas tipo test, para cuxa cualificación
as respostas correctas suman o dobre que restan as incorrectas, non
puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na
resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame
será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para
superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da
cualificación de ámbalas dúas partes.

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 2.ª OPORTUNIDADE DE EXAME E EXAME FIN DE CARREIRA
Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá
optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación.
A
avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data fixada
no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2021-2022, dispoñible na web http://fccee.uvigo.es
O devandito exame, que comprenderá a totalidade do
temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de dúas
partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5
puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en probas tipo test,
para cuxa cualificación as respostas correctas suman o dobre que restan
as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica
consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación
final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das
partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos
na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000