Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución 30 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C1
C3
C5
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os/as estudantes deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta de tipo curto/medio 70 B1
B2
B5
B13
C1
C3
C5
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 Todas as especificacións atoparanse claramente detalladas ao comezo do curso na plataforma de Teledocencia da Universidade de Vigo, no documento 'Condicións da materia'

As datas dos exames oficiais poderán consultarse de forma actualizada na páxina web do Centro. http://fccee.uvigo.es/

Independentemente do tipo de avaliación (continua ou non), é necesario ter polo menos un 5 en cada modalidade de avaliación (teoría e práctica) para superar a materia. Ademais, o alumnado ha de entregar o 100%  das evidencias das dinámicas propostas nas clases prácticas.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua considerarase cando se asistiu e particupou activamente en máis do 80% das clases prácticas e entregouse o 100% dos casos propostos en ditas prácticas. 

No exame de teoría avaliaranse a parte I e II da materia de forma separada, mediante probas liberatorias, debendo sacar unha nota mínima de 5 en cada parte (I e II) para poder superala teoría. As partes superadas gardaranse até a convocatoria extraordinaria. 

PONDERACIÓNS: PRÁCTICAS (30%) + TEORÍA (70%) (50% parte I + 50% parte II)

A nota final da materia é a resultante da avaliación continua e do exame. Quen non se presenten a exame ou non alcancen a nota mínima de 5 en devandito exame, cualificaranse coa nota de avaliación continua. 

AVALIACIÓN NON CONTINUA 

Con independencia da convocatoria (ordinaria ou segunda oportunidade), alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación.

A avaliación non continua considerarase cando se asistiu a menos do 80% das clases prácticas . 

PRÁCTICAS: 

Deberán presentarse de maneira individual os traballos propostos específicamente na plataforma de Teledocencia da Universidade de Vigo, na data do exame oficial.

Deberá realizarse, ademáis, un EXAME ADICIONAL de PRÁCTICAS nas convocatorias oficiais e sacar unha nota igual ou superior a 5 na devandita proba. 

TEORÍA: 

No exame de teoría avaliaranse a parte I e II da materia de forma separada, mediante probas liberatorias SÓ en convocatorias oficiais, debendo sacar unha nota mínima de 5 en cada parte (I e II) para poder superar a teoría. As partes superadas gardaranse até a convocatoria extraordinaria. Non terán a opción de presentarse a probas de avaliación continua.

PONDERACIÓNS: 

PRÁCTICAS > 30% (50% traballo proposto +  50% exame adicional prácticas)

TEORÍA > 70% (50% parte I +  50% parte II)

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

Na convocatoria fin de carreira, o exame de TEORÍA e PRÁCTICA suporá o 100% da cualificación, podéndose alcanzar a nota máxima de 10. O 70% da nota final será a nota do exame teórico e o 30% será a nota do exame práctico. No caso do exame teórico, a nota de cada Parte (I e II) será ponderada igual (50% cada unha). Débese obter un mínimo de 5 en cada parte para superar a materia nesta convocatoria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000