Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos, na realización de presentacions, resolución de problemas, casos e exercicios nun tempo e condicions establecidos polo profesorado ó longo do periodo lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese coas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
50 B1
B2
B3
B5
B8
B9
B10
B13
B14
C3
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D4
Lección maxistral Avaliarase a comprensión da materia, a adquisición de competencias de coñecemento, e destreza na práctica, a través de probas de avaliación con contido teórico e práctico, formuladas polo profesorado ó longo do periodo lectivo. 50 B1
B5
B10
B13
B14
C3
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación excluintes: o sistema de avaliación continua e o sistema de avaliación non continua.

O Sistema de Avaliación continua

A descrición desta guía está pensada para a modalidade de avaliación continua. 

Enténdese que o alumnado elixe o sistema de avaliación continua no caso de que se presente a algunha proba das efectuadas durante ó período lectivo. Pero se transcorridas as 3 primeiras probas prácticas puntuables o alumnado non se presenta a ningunha outra proba puntuable máis entenderase que a/o alumna/o renuncia á avaliación continua.

O alumnado que sexa avaliado no réxime de avaliación continua terá a posibilidade de superar a materia e de obter o 100% da nota. Superarase a materia sempre e cando a suma ponderada dos resultados de tódalas probas efectuadas ó longo do período lectivo sexa maior ou igual a 5 puntos sobre 10.

Si o estudante non supera a materia por avaliación continua, este poderá presentarse ó exame, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, que terá lugar na data oficial establecida polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Nese caso, na convocatoria ordinaria a nota final da materia resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que suporá un 50% da nota final, e a nota obtida no exame celebrado nas datas oficiais, que valerá o 50% restante. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Na convocatoria extraordinaria realizarase un examen final a realizar na data e lugar establecidos polo Decanato de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, cunha puntuación máxima de 10 puntos.  Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Dito examen versará sobre a totalidade da materia.

As actividades de avaliación continua solo se poderán entregar nas datas e sesións establecidas ó efecto, debendo cada estudante asistir ó grupo que teña asignado para a realización das mesmas. O cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado polo profesorado.

O sistema de Avaliación non continua

Para as convocatorias ordinaria e extraordinaria consistirá nun exame final a realizar na data e hora establecidas polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, cunha puntuación máxima de 10 puntos. Dito exame versará sobre a totalidade da materia.

Os exames das convocatorias ordinarias e extraordinarias desta materia terán lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O calendario de exames publícase ó inicio do curso polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, pero dito calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da facultade, por se hai cambios.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS

1. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesorado.

2. Os teléfonos móbiles deben estar pechados na realización das probas e o alumnado non debe ter consigo reloxos e demais dispositivos intelixentes na realización das mesmas, agás autorización expresa do profesorado.

3. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.

4. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento (tales como manual, apuntes, enuncuado da práctica, entre outros).

5. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas.

6. Para a realización dos exames só se permite o material indicado polo profesorado.

7. A/o alumna/o deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.

8. Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula, nin fotografiados nin gravados polo alumnado

9. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesorado.

10. No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios telemáticos véase https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesorado poderá adoptar as medidas que estime oportunas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000