Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas na que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
50 B1
B10
B11
B14
C6
C12
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación
do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Exame
final (0 a 5 puntos). Realizarase un único exame ó final do cuatrimestre que constará
dunha parte teórica e dunha parte práctica. Para superar o exame será necesario
obter unha nota igual ou superior ó 50% da puntuación total do exame e, como
mínimo, o 40% da nota asignada en cada unhas das partes teórica e práctica.

No caso de
que o alumno teña solicitado no plazo establecido que o exame final sexa sobre
10 puntos, no exame final incluiráse unha terceira parte (0 a 5 puntos) que
sustituirá ás probas intermedias de avaliación continua. Para iso, nos
primeiros 15 días do cuatrimestre habilitaráse un único prazo para que o alumno
poda solicitar que o seu exame conte con esta terceira parte e renunciar, polo
tanto, ó sistema de avaliación continua.

- Avaliación
baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de maneira individual,
nas sesións prácticas (0 a 5 puntos). As actividades de avaliación continua nas
sesións prácticas só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas,
debendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das
mesmas, agás autorización explícita para algunha práctica dos profesores
encargados da materia para asistir a outro grupo no que teña lugar a mesma
práctica.

O alumnado
que sexa evaluado en réxime de avaliación continua terá a posibilidade de
superar a asignatura e de alcanzar o 100% da nota. Para eso, antes da
realización do examen final existirá a posibilidade de realizar de maneira
telemática un exame coas mesmas condicións, contidos e formato que o exame
final (0 a 5 puntos) e que se indicaron anteriormente. A materia aprobarase sempre
e cando se supere este exame e se alcance un mínimo de 5 puntos na materia.

Se o
estudiante non supera a asignatura por avaliación continua, a aprobación da
asignatura requerirá da aprobación do examen final. Nese caso, a nota final da
asignatura resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que suporá
un 50% da nota final, e a nota obtida no exame, que suporá o 50% restante. No
caso de non superar o exame final, a nota final da asignatura será a obtida no
exame expresada nunha escala de 0 a 10 puntos.

A segunda
convocatoria rexirase polas mesmas normas. Na convocatoria de fin de carreira,
o exame suporá o 100% da cualificación.

Os exames
terán lugar na data establecida polo Decanato do centro. IMPORTANTE: O
calendario de exames é publicado ó inicio do curso. Non obstante, o calendario
pode ser modificado ó longo do mesmo por algún imprevisto. Prégase que
consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo (http://fccee.uvigo.es).


BOAS PRÁCTICAS:

- Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

- Non está permitido comer nin beber (agás auga) durante as clases.

- As conductas inadecuadas, contrarias e perxudiciais para a convivencia e a súa corrección poderán ser sancionadas coa pérdida do dereito á evaluación continua do estudiante responsable.

- É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.

- Calquera evidencia de traballos e/ou probas plaxiados ou copiados, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico.

- Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

- O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou título de conducir, non sendo válido outro documento.

- Tódalas probas e exames deberán ser entregados á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

- A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a.

-
No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios telemáticos,
véxase a seguinte información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000