Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Foros
Prácticas con apoio das TIC


* Metodoloxías docentes que se modifican:

Prácticas de laboratorio e as leccións maxistrais

A lección maxistral substituiríase cun reforzo do material proporcionado na plataforma Moovi así como con explicacións a través de Campus Remoto.

As prácticas de laboratorio realizaranse a través da plataforma Moovi e reforzaríase coa entrega de exemplos ilustrativos deseñados polas profesoras da materia, solicitaríase a resolución e entrega dalgúns exercicios na plataforma como forma de identificar posibles fallos e finalmente entregaríase a solución para a súa corrección.

Farase uso das aulas virtuais e os foros para manter o contacto co alumnado e facilitar a aprendizaxe da materia ao poder incidir nas cuestións máis importantes da materia e poder resolver as dúbidas que expoña o alumnado. Estas clases impartiríanse en horario que asigne o decanato co obxecto de non interferir coa docencia doutras materias.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Atenderíanse as dubidas do alumnado a través dos seguintes mecanismos en función da dubida e das necesidades do alumnado:
Foros de Moovi
Correo electrónico
Tutorías a través de Campus Remoto

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
Jones G.R.; George J. M (2019): Administración Contemporánea, McGrawHill, 10ªEdición,
Piñeiro García, Pilar; Arévalo Tomé, Raquel; Caballero Fernández , Gloria y García-Pintos Escudero, Adela (2010): Introducción a Economía de la Empresa. Una visión teórico-práctico. Delta publicaciones

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Manteríanse tanto as probas realizadas como os seus pesos

* Probas pendentes que se manteñen
Manteríanse as probas pendentes e os seus pesos


* Probas que se modifican
Non se modificarían probas nin pesos

* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000