O alumnado poderá superar a materia mediante a entrega de traballos de aula. Para obter unha avaliación
positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos
traballos e probas de avaliación. Ademáis se valorará como condición imprescindible o aproveitamento axeitado das sesións de aula e a participación correcta nos equipos.
A cualificación final será
obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións
singulares.
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade no apartado de organización académica /http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |