Guia docente 2020_21
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Sensores e adquisición de sinais biomédicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións prácticas. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 20 B3
C23
D2
D7
D16
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase o proxecto tendo en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos e a calidade da memoria final do proxecto. A nota final de proxecto (NTG) estará comprendida entre 0 e 10. 20 B3
C23
D2
D7
D16
Exame de preguntas obxectivas Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 60 B3
C23
D2
D7
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da
titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos
alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

A materia divídese en dous partes:
teoría (60%) e práctica (40%). As cualificacións das tarefas
avaliables non son recuperables e serán válidas só para o curso
académico no que se realizan.

1.a
Teoría


Realizaranse 2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase a metade
de curso en horario de teoría. A segunda proba realizarase o mesmo
día que o exame final que se celebrará na data que estableza a
dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que
se un estudante non pode participar o día en que estean programadas
o profesor non ten obrigación de repetilas.


Cada proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de
tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de
cada proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A
nota das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de
teoría (NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:


NFT = (PT1 + PT2)/2.


Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5
puntos de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10
na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperala o mesmo día
da segunda proba parcial de teoría.

1.b Práctica

Realizaranse 6 sesións de prácticas
de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos (sempre que sexa
posible formalos). A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas.

A valoración da parte práctica
farase de forma individual para cada membro do grupo. Terase en conta
o traballo individual de preparación previa, a participación e o
traballo desenvolvido por cada estudante durante as sesións de
prácticas. Cada práctica valorarase cunha nota (NP) entre 0 e 10
puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota
final das prácticas (NFP) será a media aritmética das notas das
prácticas.

1.c Proxecto

Realizaranse 2 sesións de proxecto
de 2 horas en grupos de 2 alumnos (sempre que sexa posible formalos).

Para
avaliar o proxecto teranse en conta os resultados obtidos,a
presentación e análise dos mesmos e a calidade da memoria final do
proxecto. O proxecto valorarase de 0 a 10 e para superar dita parte a
nota final de proxecto, ou nota de traballo en grupo (NTG), terá que
ser de polo menos un 5 sobre 10 e o alumno non poderá faltar a máis
de 1 sesión.

1.d Nota final de la materia

Na nota
final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60 %, a nota de
prácticas (NFP) do 20% e a nota de proxecto (NTG) do 20%. Para
aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría e a
parte de proxecto. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF= 0,6·NFT + 0,2·NFP + 0,2·NTG.

No caso de non ter superado algunha das partes
(NFT < 5 ou NTG < 5), ou de non haber acadado o mínimo de 5
puntos en cada unha das probas parciais de teoría, ou de faltar a
mais de 1 sesión de proxecto, a nota final será a obtida coa
seguinte expresión:

NF = min{4
; (0,6·NFT + 0,2·NFP + 0,2·NTG)}.

Para aprobar a materia será imprescindible obter
unha nota final NF >= 5.

2. Exame final

Os estudantes que non opten pola
avaliación continua poderán presentarse a un exame final que
constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se
contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola
dirección da Escola para a realización do exame final, os
estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán
realizar unha proba teórica que poderá conter preguntas
relacionadas cos contidos desenvolvidos nas prácticas de
laboratorio. Para poder presentarse ao exame final por avaliación
única, o estudante deberá poñerse en contacto co profesorado polo
menos dúas semanas antes. Ademais deberán realizar previamente un
proxecto teórico-práctico individual e entregar a memoria
correspondente o mesmo día do exame final de teoría. O proxecto
final deberá presentarse na semana seguinte á entrega das memorias.
Para a asignación de proxecto o alumno deberá poñerse en contacto
co profesorado con suficiente antelación.

O exame teórico consistirá en tres
probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT)
valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a
media aritmética das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 + PT2)/2.

Os estudantes que non realizasen as
prácticas da materia terán unha nota final de prácticas (NFP) de 0
puntos. Os estudantes que non realizasen o proxecto terán unha nota
final de proxecto (NTG) de 0 puntos.

Para aprobar a materia será
imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das
tres probas de teoría. Neste caso a cualificación final será a
suma ponderada das notas de cada parte:

NF =
0,6·NFT + 0,2·NFP + 0,2·NTG.

No caso de non superar algunha das
partes (NFT < 5 ou NTG < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5
puntos en cada unha das probas parciais de teoría, a nota final a
obtida coa seguinte expresión:

NF = min{4
; (0,6·NFT + 0,2·NFP + 0,2·NTG)}.

Para aprobar a materia será
necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Sobre a convocatoria de
recuperación (xullo)

A convocatoria extraordinaria de
Xullo constará dunha serie de actividades avaliables similares ás
que se contemplan na avaliación continua e que terá o mesmo formato
que o exame final. A segunda convocatoria celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola.

Aos estudantes que se presenten a
esta convocatoria conservaráselles a nota que obtivesen na
convocatoria ordinaria (avaliación continua) nas partes ás que non
se presenten. Ademais, nesta convocatoria os estudantes só poderán
presentarse a aquelas probas que non superasen na convocatoria
ordinaria.

O cálculo da nota final da materia
realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, ou outros), considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000