Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Sensores e adquisición de sinais biomédicas
   Contidos
Tema Subtema
Parte 1. Introdución aos sistemas electrónicos de instrumentación médica. Estrutura dos sistemas de medida e adquisición de sinais biomédicos. Características dos sistemas e sensores utilizados. Consideracións de seguridade. Clasificación dos sensores.
Parte 2. Sensores e principios básicos. Medidas de desprazamento: sensores resistivos, sensores inductivos, sensores capacitivos, sensores piezoeléctricos. Medidas de temperatura. Medidas ópticas.
Parte 3. Acondicionadores de sinal. Circuítos de excitación. Amplificadores para o acondicionamento de sinais. Circuítos adaptadores. Filtrado.
Parte 4. Sistemas electrónicos de medida de sinais biomédicos. Medida de biopotenciais. Medida de presión sanguínea. Medidas no sistema respiratorio. Medidas químicas.
Parte 5. Conversión analóxica/dixital e adquisición de datos. Circuítos de conversión A/D e D/A: tipos de convertedores es A/D e D/A, especificacións e características diferenciais. Sistemas de mostraxe e retención. Multiplexado de sinais. Arquitectura dos sistemas de adquisición integrados.
Parte 6. Seguridade eléctrica. Efectos fisiolóxicos da electricidade. Parámetros de susceptibilidade. Sistemas de alimentación. Riscos. Estándares e normativa de seguridade eléctrica. Recomendacións de deseño.
Laboratorio <*br>
Bloque 0. Introdución á programación de sistemas de instrumentación electrónica. Introdución de conceptos e ferramentas de laboratorio.
Bloque 1. Sensores básicos de sinais biomédicos. Sensores de temperatura. Sensores de presión. Sensores piezoeléctricos.
Bloque 2. Acondicionadores de sinal. Amplificación. Illamento. Filtrado. Amplificador de transimpedancia.
Bloque 3. Sistemas de medida de sinais biomédicos. Proxecto de deseño dun sistema de medida de sinais biomédicos baseado no uso de sensores, circuítos de acondicionamento e sistema de adquisición, integrando os circuítos das prácticas anteriores e complementándoo co procesado necesario para a presentación de resultados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000