Prácticas de laboratorio |
As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas ou de visitas a empresas (individuais ou por grupos) |
25 |
|
|
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN: A avaliación continua realizarase durante o período de impartición da materia segundo os criterios establecidos no apartado anterior.
Na primeira edición para superar a materia será necesario alcanzar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba escrita realizada na data previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es). En caso de non alcanzarse este mínimo a cualificación corresponderase unicamente coa alcanzada durante a avaliación continua (sen sumar a obtida na proba escrita). Aqueles alumnos que renunciasen oficialmente á avaliación continua serán avaliados cun exame final sobre os contidos de a totalidade da materia, que suporá o 100% da nota. SEGUNDA EDICIÓN (exame de xullo): Cando o alumno o solicite dentro dun plazo establecido poderá renunciar a súa calificación da avaliación continua obtida durante o curso. Neste caso, a avaliación realizarase mediante un exame escrito no que se avaliarán a totalidade dos contidos impartidos na materia, tanto nas clases de teoría como nas clases de prácticas, e que permitirá obter o 100% da avaliación. O exame realizarase na data oficial previamente fixada polo centro (http://eei.uvigo.es). CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: realizarase mediante un exame escrito no que se incluirán os puntos mais relavantes da asignatura, tanto en cuestións teóricas como a través de problemas de resolución numérica, que permitirá obter o 100% da avaliación. Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |