Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e/ou exercicios mediante a aplicación de rutinas, procedementos e fórmulas a partir da información dispoñible. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba con cuestións teóricas e prácticas. 60 B9
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poderán seguir un sistema de avaliación continua. Para manter o dereito á avaliación continua, débense asistir a todas as clases prácticas, só se poderá faltar a dúas clases prácticas, sempre que estea xustificado e sempre que os exercicios propostos nelas sexan entregados ao profesor. O cumprimento das tarefas desenvolvidas nas clases prácticas suporá o 20% da nota final.

Ademais, realizarase unha proba tipo test de escolla múltiple na data anunciada ao comezo da docencia da materia e que se desenvolverá en horas do bloque teórico. Esta proba de escolla múltiple suporá ata un 20% da nota final. Esta proba non é recuperable, é dicir, se un alumno non pode realizala no prazo estipulado, o profesor non ten a obriga de repetila.

Finalmente, celebrarase un exame de contido teórico e práctico na data oficial fixada na planificación docente do curso. Este exame completará o 60% restante da nota final. IMPORTANTE: Neste exame é fundamental obter unha nota mínima de 4 (nunha escala de 0-10) para aprobar a materia.

Para os estudantes que non sigan a avaliación continua, haberá un único exame que suporá o 100% da nota.

Compromiso ético: espérase que o estudante presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o alumno non cumpre os requisitos necesarios para aprobar a materia. Neste caso, a nota global deste curso académico será un suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000