Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
BLOQUE I:
-As metodoloxías docentes, de ser necesario, se adecuarán aos medios telemáticos que se poñan a disposición do profesorado.
BLOQUE II:
-Metodoloxías docentes que se manteñen: Lección maxistral, e titorías. Estas se adecuarán aos medios telemáticos que se poñan a disposición do profesorado.
-Metodoloxías docentes que se modifican:
Prácticas en aulas informáticas: Estas substituiranse por videos explicativos e material docente complementario para explicar os contidos.
-Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
BLOQUE I: Telematicamente no despacho virtual, concertando cita previa por email.
BLOQUE II: De forma telemática (e-mail, Carpeta Dudas en FAITIC e Despacho Virtual)
-Non haberá modificacións reseñables dos contidos a impartir, nin bibliografía de referencia.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
BLOQUE I:
Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, ós medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
BLOQUE II:
O profesorado da materia considera que non é necesario facer axustes nos criterios de avaliación publicados
O examen final se sustituirá por 2 ou 3 probas de avaliación continua. Estas probas consistirán na realización dun cuestionario con preguntas tipo test (verdadeiro ou falso, ou elexir entre varias opciones) ou exercicios que se realicen a través das ferramentas FAITIC-CAMPUS REMOTO con un tempo limitado de realización.
A defensa do traballo tutelado farase de forma telemática (Despacho Virtual)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000