Nesta materia preténdense conseguir os seguintes obxectivos:
Comprender os aspectos básicos de xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica.
Coñecer os elementos constitutivos e funcionamento das centrais de xeración da enerxía eléctrica, incluíndo novos aproveitamentos.
Coñecer os conceptos básicos de eficiencia enerxética, aplicada ás instalacións eléctricas.
Coñecer o REBT e as ITCs que o desenvolven, aplicado a instalacións industriais.
Coñecer o funcionamento do mercado de enerxía eléctrica.