Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Electrónica industrial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

SITUACIÓN DE DOCENCIA MIXTA.

* Metodoloxía docente.

1.- Actividades introdutorias: Non hai modificación.
2.- Estudo previo. Non hai modificación
3.- Lección maxistral: Mantense a estrutura presencial.
4.- Resolución de problemas: Mantense a estrutura presencial.
5.- Prácticas de laboratorio. Dúas prácticas manterán a estrutura presencial desdobrando os grupos e o resto farase ao través de traballos de simulación. As prácticas realizaranse de forma individual.
6.- Resolución de problemas de forma autónoma. Non hai modificación.

* Atención personalizada.

1.- As titorías desenvolveranse indistintamente de forma presencial ou telemáticas respectando os horarios de titorías previstos e a posible normativa que poida aprobar a universidade.

* Avaliación.

1.- Avaliación de bloques temáticos: Non hai modificación.
2.- Informe de prácticas: Non hai modificación nas dúas prácticas presenciais e o resto avaliaranse por medio do conxunto de follas de resultados que entregarán os/as estudantes no prazo previsto polo/a profesor/a, ao través de FAITIC. A avaliación será individual.
3.- Proba individualizada oral: Non hai modificación.
4.- Non hai modificación dos pesos en cada apartado.

* Outros comentarios sobre a Avaliación.

1.- Pautas para o avance e a recuperación: Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, ós medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
2.- Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua: Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, ós medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
3.- Non hai modificación dos pesos en cada apartado.

SITUACIÓN DE CONFINAMENTO.

* Metodoloxía docente.

1.- Actividades introdutorias: Non hai modificación.
2.- Estudo previo. Non hai modificación
3.- Lección maxistral: Impartirase ao través de Campus Remoto.
4.- Resolución de problemas: Impartirase ao través de Campus Remoto.
5.- Prácticas de laboratorio. As prácticas faranse ao través de traballos de simulación de forma individual
6.- Resolución de problemas de forma autónoma. Non hai modificación.

* Atención personalizada.

1.- As titorías desenvolveranse de forma telemática respectando os horarios de titorías previstos e a posible normativa que poida aprobar a universidade.

* Avaliación.

1.- Avaliación de bloques temáticos: A avaliación farase mediante dúas probas parciais ao longo do cuadrimestre en horario da materia mais un traballo de simulación. O peso de cada unha das probas parciais terá un peso do 25% e o traballo de simulación do 20%.
2.- Informe de prácticas: As prácticas avaliaranse por medio do conxunto de follas de resultados que entregarán os/as estudantes no prazo previsto polo/a profesor/a, ao través de FAITIC. A avaliación será individual. Mantense o peso correspondente a esta proba.

* Outros comentarios sobre a Avaliación.

1.- Pautas para o avance e a recuperación: Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas ós medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
2.- Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua: Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas ós medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
3.- Non hai modificación dos pesos en cada apartado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000