Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Oficina técnica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación breve dun tema concreto proposto polo profesor. A exposición realizarase en clase.
Pubricarase unha rúbrica de avaliación na plataforma TEMA da materia.


5 D1
D3
D5
D6
D17
D20
Traballo tutelado Elaborar un informe técnico relativo a calqueira cuestión relacionada coa Enxeñaría Industrial, coa calidade e o rigor que se espera dun Enxeñeiro Industrial.
Pubricarase unha rúbrica de avaliación na plataforma TEMA da materia.

10 B1
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D12
D15
D16
D20
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun traballo en grupo interdisciplinar,
con alumnos doutras materias e graos.
Este grupo, aplicando a metodoloxía "design thinking" fará un traballo de implantación e/ou mellora sobre unha actividade concreta.
Pubricarase unha rúbrica de avaliación na plataforma TEMA da materia.
15 B1
B2
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D20
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun proxecto de enxeñería, traballando
cun equipo aberto. Farase fincapé na aplicación de ferramentas e coñecementos de enxeñaría industrial para crear solucións de enxeñaría para as necesidades reais dunha industria.
Pubricarase unha rúbrica de avaliación na plataforma TEMA da materia.
40 B1
B2
C18
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D16
D17
D20
Eventos científicos Presentación das ideas desenvolvidas polos alumnos nos grupos colaborativos. Esta actividade será púbrica e con difusión en diferentes medios de comunicación.
Pubricarase unha rúbrica de avaliación na plataforma TEMA da materia.
10 D1
D3
D5
D6
D17
D20
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto.
Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN:

======================

O sistema de avaliación por defecto é o sistema de avaliación continua.

O alumno que desexe acollerse a un sistema de avaliación non continua deberá solicitalo oficialmente, no prazo e modo establecido para iso, na E.E.I. Se o alumno non solicita e obtén o veredicto favorable da renuncia á avaliación continua, enténdese que está no sistema de avaliación continua.

O alumno que pense solicitar a renuncia de avaliación continua deberá notificarllo canto antes ao profesor. Recoméndase facelo ó principio de curso, ou antes de comezar a docencia.

A avaliación realizásese en base ás rúbricas que se publican na plataforma TEMA da materia. 

CRITERIOS DE SUPERACIÓN DA MATERIA MEDIANTE AVALIACIÓN CONTINUA:

=================================================================

Para superar a materia mediante a avaliación continua débense cumprir, simultáneamente, dúas condicións:

a) Obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados avaliables.

*b) Obter unha nota media, ponderada segundo as porcentaxes indicadas anteriormente, mínima de 5 sobre 10.

Se un apartado está suspenso, ou o alumno desexa mellorar a nota dun apartado, terá un máximo de dúas (2) oportunidades para facelo. Neste caso aplicarase, sobre a cualificación do apartado, un coeficiente corrector. A cualificación multiplicarase por 0,85 a primeira vez e por 0,75 a segunda vez. O prazo para ditas correccións será establecido polo profesor.

CRITERIOS DE SUPERACIÓN DA MATERIA MEDIANTE AVALIACIÓN NON CONTINUA:

======================================================================

Os alumnos que opten por renunciar, oficialmente, á avaliación continua, deberán realizar un traballo tutelado polo profesor, consistente nun proxecto industrial ou similar, e unha proba de avaliación.

Para obter a cualificación acharase a media proporcional (60% teoría e 40% prácticas). E obrigatorio obter unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 posibles en cada unha das partes.

Para superar a materia, o citado promedio deberá ser dun mínimo de 5 puntos sobre 10 posibles.

COMPROMISO ÉTICO:

==================

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.

Ao cursar a materia, o alumno, adquire un compromiso de traballo en equipo, colaboración e respecto aos compañeiros s e ao profesorado.

No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000