Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Electrónica de potencia e regulación automática
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

A actividade docente realizarase a través de Campus Remoto, utilizando tamén a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo, todo iso sen prexuízo de poder utilizar medidas complementarias que garantan a accesibilidad dos estudantes aos contidos docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de docencia non presencial, as clases magistrales se impartirán por teledocencia e as prácticas de laboratorio reduciranse en número acorde coas prácticas xa impartidas e cos días dispoñibles, e se impartirán de forma virtual.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas
As probas de avaliación manteñen o peso no cálculo da nota, segundo o paso 7.

* Probas pendentes que se manteñen
As probas de avaliación manteñen o peso no cálculo da nota, segundo o paso 7.

* Información adicional
O valor da nota final de prácticas calcularase como a media aritmética das prácticas evaluables levadas a cabo nas distintas modalidades.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000