Prácticas de laboratorio |
A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria.
O traballo de laboratorio será avaliado como APTO/A ou NON APTO/A. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo, desenvolvemento do traballo experimental, caderno de laboratorio e traballo posterior. A avaliación do desenvolvemento do traballo experimental realizarase utilizando a ferramenta de observación sistemática.
Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO no traballo de prácticas de laboratorio. |
0 |
A2 A5
|
B5
|
C17 C18 C26 C28
|
D1 D3
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse tres probas:
1.- Unha proba sobre os contidos dos 4 primeiros temas, que suporá o 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 3.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
2.- Unha proba sobre todos os contidos da materia, que suporá un 30% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
3.- Unha proba escrita relacionada coa parte experimental da materia, que suporá un 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
No caso de que non se superen os mínimos esixidos nalgún dos apartados anteriores, a cualificación final obtida na materia será a cualificación ponderada do tres probas de avaliación. |
60 |
A2 A5
|
B5
|
C17 C18
|
D1 D3
|
Traballo |
O alumnado realizará dous traballos relacionados co contido da materia. Estes traballos deberán axustarse aos parámetros especificados polo profesorado, e presentaranse de forma escrita ou a través dunha exposición oral. |
20 |
A2 A5
|
B5
|
C17 C18 C26 C28
|
D1 D3
|
CONDICIÓN DE PRESENTADO/A: A participación do alumnado
en calquera das probas escritas implicará a condición de presentado/a e por
tanto a asignación de cualificación.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA CONVOCATORIA: manterase a
cualificación obtida polo alumnado durante o curso en resolución de problemas,
prácticas de laboratorio e traballos. Realizarase unha proba sobre todos os
contidos da materia que suporá un 60% da cualificación final. Será necesario
alcanzar nesta proba un mínimo de 4 puntos sobre 10 para superar a materia e
para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.
OPCIÓN DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: o alumnado que
desexe non optar á avaliación continua deberá realizar e superar a avaliación
das Prácticas de Laboratorio (cualificación APTO/A en o traballo desenvolvido
no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba
escrita da parte experimental). Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre
10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia. |