Lección maxistral |
O profesorado exporá, de forma estruturada, aqueles aspectos xerais da materia, dedicando especial atención aos de maior relevancia do programa e de maior dificultade de asimilación polo alumnado. O profesorado facilitará, a través da aula virtual, o material necesario para a realización do traballo persoal do alumnado. Leste deberá traballar previamente o material entregado e consultar a bibliografía recomendada para completar a información, coa finalidade de seguir as explicacións dos contidos do programa co maior aproveitamento posible. |
Resolución de problemas |
Nesta actividade, que terá lugar durante 1 hora á semana, discutiranse aqueles aspectos de maior complexidade da materia, e resolveranse exercicios e problemas previamente elaborados e propostos polo profesorado relacionados cos contidos teóricos. Unha selección dos exercicios será entregada regularmente ao profesorado para a súa avaliación. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos de laboratorio, de modo individual, en sesións presenciais de 3,5 horas. O alumnado disporá, a través da aula virtual, do material necesario para a preparación previa dos experimentos. O traballo con este material, previo á sesión de clase de laboratorio, poderá incluír a realización e entrega de tarefas. Durante a realización das prácticas, o alumnado elaborará un caderno de laboratorio no que se deberán anotar todas as observacións relativas ao experimento realizado. Despois da realización da práctica, o alumnado deberá completar o traballo que se indique en cada caso. |