Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Visión por computador
 Materias
  Aprendizaxe automático avanzado para visión por computador
   Plan de Continxencias
 
Descrición
1. Modificacións nos contidos Sen cambios 2. Metodoloxías Mantéñense todas as actividades. O ensino será telemático e as clases desenvolveranse sincrónicamente no horario oficial de clases. Pode ser que, por razóns de sobrevidas, algunhas das clases se realicen de forma asincrónica, o que se lle comunicará ao alumnado con anticipación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorias serán telemáticas e requirirán cita previa. 4. Modificacións na avaliación Sen cambios na avaliación. As actividades de avaliación que non se poidan levar a cabo en persoa, realizaránse telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso, requirirase a adopción dunha serie de medidas de validación que requirirán que o alumnado teña un dispositivo cun micrófono e unha cámara, mentres non se dispoña dun software de validación axeitado. Pódese concertar unha entrevista con cada estudante para comentar ou explicar parte ou a totalidade das probas realizadas. Nestes escenarios, poderán modificarse algunhas das actividades plantexadas en cada epígrafe, adaptándoas á situación, pero non a súa contribución xeral á cualificación final (a porcentaxe de ponderación) 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen cambios
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000