=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas excepto as prácticas de laboratorio. As outras metodoloxías levaranse a cabo en remoto.
* Metodoloxías docentes que se modifican
As prácticas de laboratorio veranse modificadas da seguinte forma: Das 5 prácticas previstas 4 poderían ser realizadas de forma remota xa que se basean na utilización dun PC e software específico. Si non é posible facelo de forma presencial, buscaríase unha alternativa para que os alumnos póidano utilizar tamén en remoto. A outra práctica se faria en remoto. O profesor mostra mediante un vídeo o funcionamento do posto de traballo e do seu equipamento, toma as medidas e os alumnos tratan dita información e elaboran a memoria correspondente.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai cambios.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non hai cambios. Seguirase utilizando a bibliografía incluída no punto 8, ademais da documentación adicional que está en FAITIC, aínda que é probable que se inclúa algún artigo adicional.
* Outras modificacións
Non hai máis modificacións.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación continua non cambia xa que se basea na realización de tarefas e traballos, tanto individuais como en grupo, ademais da realización das prácticas de laboratorio. En caso de ensino non presencial a presentación dos traballos será en remoto.
Si algún alumno opta pola avaliación única, tanto en primeira como en segunda oportunidade, a avaliación tampouco cambia, exceptuando que o exame será realizado tamén en remoto.
|