1.Avaliación continua en primeira oportunidade
Seguindo as directrices propias da
titulación e os acordos da comisión académica, ofrecerase aos
alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua. Para poder optar á avaliación
continua da materia o estudante non poderá faltar a máis de 1
sesión maxistral, a máis de 1 sesión de prácticas, nin a máis de
1 sesión de proxecto; e só si se trata de faltas debidamente
xustificadas. A materia divídese en tres partes:
teoría (20%), prácticas (20%) e proxecto (60%). As cualificacións
das tarefas avaliables non son recuperables e serán válidas só
para o curso académico no que se realicen. 1.a Teoría A asistencia a clase é obrigatoria.
Para superar esta parte da materia o estudante só poderá faltar a 1
sesión de teoría, e só si se trata dunha falta debidamente
xustificada. Nas primeiras semanas do curso
encargarase a cada estudante, individualmente, que realice un
traballo tutelado sobre unha temática relacionada coa materia. Para
avaliar o traballo teranse en consideración a calidade dos
resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como
da memoria final entregada. O prazo de entrega de dita memoria será
debidamente programado e informado polo profesorado da materia. A
nota do traballo tutelado (NTT) valorarase de 0 a 10. O estudante que
non entregue o traballo ou non o presente na data indicada terá unha
nota NTT = 0. A nota final de teoría (NFT) será
neste caso a nota obtida no traballo: NFT = NTT. Para superar a parte de teoría o
estudante terá que obter una nota NFT >= 5. 1.b Práctica Realizaranse 3 sesións de prácticas
de laboratorio de 2,5 horas en grupos de 2 estudantes (sempre que
sexa posible). A parte práctica cualificarase mediante a avaliación
continua de tódalas prácticas. Cada unha das 3 prácticas
avaliarase unicamente o día da práctica. Os profesores terán en
conta o traballo previo dos estudantes para preparar as tarefas
propostas e o traballo no laboratorio, así como o comportamento do
estudante no posto. Cada práctica terá varios apartados
e valorarase de 0 a 10, de maneira que a realización de tódolos
apartados suporá a consecución da máxima nota de práctica (NP). A
nota das prácticas ás que falte será de 0.Para superar a parte de
prácticas o alumno non poderá faltar a máis de 1 sesión, e só si
se trata dunha falta debidamente xustificada. A nota final de
laboratorio (NFL) será a media aritmética das notas das 3
prácticas. NFL= (NP1 + NP2 + NP3) / 3 1.c Proxecto Unha vez presentadas as actividades a
realizar, asignaranse os proxectos a cada grupo de 2 estudantes
(sempre que sexa posible). O traballo presencial do estudante para a
realización do proxecto levarase a cabo na sesión de prácticas
restante (horas tipo B) e nas sesións de grupo reducido (horas tipo
C). Para avaliar o proxecto teranse en
conta os resultados obtidos,a presentación e análise dos mesmos e a
calidade da presentación final do proxecto. O proxecto valorarase de
0 a 10 e para superar dita parte a nota final de proxecto (NFP), terá
que ser de polo menos un 5 sobre 10 e o estudante non poderá faltar
a máis de 1 sesión , e só si se trata dunha falta debidamente
xustificada. 1.d Nota final da materia Na nota final (NF), a nota de teoría
(NFT) terá un peso do 20%, a nota de laboratorio (NFL) terá un peso
do 20% e a nota de proxecto (NFP) do 60%. Para aprobar a materia será
imprescindible superar a parte de teoría, a parte práctica e a
parte de proxecto. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte: NF =
0,2·NFT + 0,2·NFL + 0,6·NFP.
No caso de non ter superado algunha
das partes (NFT < 5 ou NFP < 5), ou de ter faltado a máis de 1
sesión de teoría, ou a máis de 1 sesión de prácticas, ou a máis
de 1 sesión de actividades de proxecto, a nota final será a obtida
coa seguinte expresión: NF = min{4, (0,2·NFT + 0,2·NFL +
0,6·NFP)}.
Para aprobar a materia será
necesario obter una nota final NF>=5. 2. Avaliación única en primeira oportunidade
Os estudantes que non opten pola
avaliación continua poderán presentarse a un exame final que
constará dunha serie de actividades de avaliación. Así, nas datas
establecidas pola Comisión Académica do Máster (CAM) para a realización do exame
final, os estudantes que non opten pola avaliación continua deberán
realizar unha proba teórica e unha proba práctica. Ademais deberán
realizar previamente un proxecto teórico-práctico individual e
entregar a memoria correspondente o mesmo día do exame final de
teoría. O proxecto final deberá presentarse na semana seguinte á
entrega das memorias. Para presentarse á proba de laboratorio e para
a asignación de proxecto é obrigatorio poñerse en contacto co
profesorado da materia a lo menos catro semanas antes do exame. O exame teórico constará dunha
serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que se valorará
de 0 a 10 puntos. A nota final de teoría (NFT) será a cualificación
obtida. O exame de laboratorio consistirá na
resolución de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos
realizados durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0
a 10 puntos e a nota final de laboratorio (NFL) será a cualificación
obtida. Para avaliar o proxecto teranse en
conta a presentación dos resultados obtidos e a calidade da memoria
final do proxecto. A parte de proxecto valorarase de 0 a 10 puntos e
a nota final de proxecto (NFP) será a cualificación obtida. Para aprobar a materia será
imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das
partes. Neste caso a cualificación final
será a suma ponderada das notas de cada parte: NF= 0,2·NFT +
0,2·NFL + 0,6·NFP
No caso de non ter superado algunha
das partes (NFT < 5 ou NFL < 5 ou NFT < 5), a nota final
será a obtida coa seguinte expresión: NF =
min{4 ; (0,2·NFT + 0,2·NFL + 0,6·NFP)}.
Para aprobar a materia será
necesario obter una nota final NF>=5. 3. Avaliación en segunda oportunidade
A avaliación en segunda oportunidade constará
dunha serie de actividades similares ás que se
contemplan na avaliación única. O exame en segunda oportunidade celebrarase nas
datas que estableza a CAM e consistirá nunha proba
teórica e unha proba de laboratorio. Ademais, os estudantes deberán
realizar previamente un proxecto teórico-práctico individual e
entregar a memoria correspondente o mesmo día do exame final de
teoría. O proxecto final deberá presentarse na semana seguinte á
entrega das memorias. Para presentarse á proba de laboratorio e para
a asignación de proxecto é obrigatorio poñerse en contacto co
profesorado da materia a lo menos catro semanas antes do exame. Aos alumnos que se presenten á avaliación en segunda oportunidade conservaráselles a nota que obteñan na avaliación
ordinaria (avaliación continua ou única) nas partes ás que
non se presenten. O cálculo da nota final da materia realizarase tal
e como se explica no apartado 1 para os alumnos que teñan apta a
parte de teoría en avaliación continua, e como se explica no
apartado 2 para o resto. |