Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Satélites
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación estará baseada na documentación escrita polo estudante para un proxecto proposto, así como mediante a realización de exposicións orais presentando os resultados obtidos. 45 A2
B3
C18
Seminario Os estudiantes realizarán simulaciones co diversas ferramentas software.

A avaliación estará baseada na asistencia dos estudantes aos seminarios, na súa participación nos seminarios e nun informe final.
35 A2
C18
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba final para complementar a avaliación dos contidos presentados nas sesións maxistrales.

A proba seré individual e terá
límite no tempo de resposta.
20 C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
En caso de detección de plagio algún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

Ao comezo do curso o alumno debe escoller o método de avaliación: exame final ou avaliación continua.

Idioma de impartición: Inglés.

Toda a documentación do curso realizarase en inglés, así como as presentacións.

A avaliación de informes e prácticas realizarase igualmente en inglés.

O último exame pódese responder en inglés, galego ou castelán.

A materia será avaliada a través dun dos seguintes mecanismos:

Exame final:

O exame incluirá preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nos traballos tutorizados e nas prácticas do seminario. Será necesario para aprobar o exame obter un 5 sobre 10.

Avaliación continua.

A materia será avaliada ao longo de todo o curso:

Prácticas en seminarios: cada estudante realizará diferentes prácticas. A súa avaliación terá un peso dun 35% na nota final.

Traballos tutorizados: cada estudante realizará en diferentes traballos tutorizados que se proporán ao longo do curso. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e presentacións orais. Esta parte terá un peso dun 45% na nota final.

Proba final de resposta curta: este exame será a última proba da avaliación continua, e terá un peso do 20% da nota final.

Exame de recuperación: o estudante realizará un exame que incluirá cuestións e/ou problemas relacionados cos contidos impartidos nas sesións maxistrais, as prácticas en seminarios e os traballos tutorizados (100% da nota final). Os estudantes que escolleron no seu momento a avaliación continua poderán, opcionalmente, realizar este exame sobre un 65% da nota final.
Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000