Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas Electrónicos Dixitais Avanzados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba de preguntas de desenvolvemento e/ou problemas curtos a finais do cuadrimestre. Esta proba avalía todos os contidos impartidos nas clases teóricas.
20 C10
C11
C12
C14
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos resolverán un conxunto de problemas e/ou exercicios de deseño de sistemas. Representa o 10% da cualificación final. 10 C10
C11
C12
C14
Práctica de laboratorio Estas probas realízanse durante as sesións de prácticas de laboratorio. O alumno debe completar, polo menos, 4 das 5 sesións. A realización práctica dos circuítos indicados no guión e os informes entregados despois de cada sesión representan o 30% da cualificación final. 30 B4
B8
C10
C11
C12
C14
Proxecto Os estudantes realizarán un proxecto en grupo de 4 ou máis alumnos, preferiblemente, no que desenvolverán as habilidades adquiridas durante as sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Este proxecto representa o 35% da nota final da materia. 35 A5
B4
B8
C10
C11
C12
C14
Presentación Ao finalizar o cuadrimestre os estudantes deben presentar de forma oral e escrita os resultados do proxecto realizado. Esta actividade representa o 5% da nota final. 5 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia pode ser superada coa nota máxima mediante
avaliación continua ou avaliación única. Ambos os métodos de avaliación son
excluíntes. Os estudantes que asistan a máis de 2 sesións de laboratorio
considéranse que optan pola avaliación continua.

1. Avaliación continua



Os alumnos que opten pola modalidade de avaliación
continua terán dúas oportunidades de avaliación, a primeira oportunidade ao
finalizar o cuadrimestre e a segunda ao finalizar o curso (Xuño-Xullo).



A avaliación de primeira oportunidade consta dun conxunto
de probas que se realizarán ao longo do cuadrimestre. As datas de todas as
avaliacións publicaranse ao comezo do cuadrimestre. O peso e o contido das
probas son as seguintes:

1.1 Exame de preguntas obxectivas e/ou exame de preguntas de desenvolvemento (NExam):

  • Esta proba cobre todos os contidos
    impartidos nas sesións de teoría. Consta de problemas e/ou preguntas curtos ou
    de  preguntas de múltiples respostas.
  • Terá unha duración de 1 hora e realizarase
    en horas tipo A.
  • O estudante supera esta parte se
    obtén unha nota NExam maior ou igual a 4 sobre 10.

1.2 Resolución de problemas e/ou
exercicios (NExerc):

  • Consiste nun conxunto de problemas e/ou exercicios de deseño que
    se indican nas sesións de teoría e que os alumnos deben entregar en
    determinadas datas previamente estipuladas.
  • O alumno realiza estas actividades en horas de traballo autónomo.
  • O estudante supera esta parte se obtén unha nota  NExerc maior ou igual a 4 sobre 10.

1.3 Prácticas de laboratorio (NPrac):


  • O
    estudante debe completar 4 das 5 sesións de prácticas para superar esta
    parte.

  • O
    estudante debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos
    guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a
    cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.

  • Pode ser
    realizado de forma individual ou por grupos de 2 estudantes. Neste último
    caso, e se ambos asisten á práctica, a cualificación é a mesma para os 2
    estudantes.

1.4 Proxecto (NPro) :


  • Debe ser
    realizado por grupos colaborativos de 3 ou máis estudantes,
    preferiblemente.

  • O 70% da
    nota final do proxecto ( NPro) obtense a partir da tarefa individual
    asignada a cada estudante e o 30% das tarefas do grupo.

  • Como parte
    da tarefa individual inclúese un traballo teórico que se asignará a cada
    estudante nas primeiras semanas do cuadrimestre. Este traballo consiste
    nun estudo previo das tarefas para realizar no proxecto. Este traballo
    previo representa o 5% da cualificación final do proxecto.

  • No caso de
    detección de plaxio ou abandono dalgún membro dun equipo de traballo, a
    súa cualificación será suspenso (0) e non computará na cualificación do resto
    do grupo.

  • O
    estudante supera esta parte se obtén unha nota NPro maior ou igual a 4 sobre 10.

1.5 Presentación do proxecto (PPro):



Cada alumno debe presentar os resultados do proxecto
de forma oral e/ou escrita. Estas actividades representan o 5% da nota final da
materia.

1.6 Cualificación final (Final_ac):



A cualificación final da avaliación continua obtense
da seguinte forma:



Final_ac = (NExam*0.2 + NExerc*0.1 +
NPrac*0.3 + NPro*0.35 + PPro*0.05) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 4;



Final_ac = min[(NExam*0.2 + NExerc*0.1 +
NPrac*0.3 + NPro*0.35 + PPro*0.05), 4] noutro caso;



Os estudantes que non superen unha ou máis das probas
da avaliación continua na primeira oportunidade poden recuperar as seguintes
partes na segunda oportunidade:


  • Pode
    completar e defender de novo o seu proxecto e esta nota substitúe ás
    anteriores ( NPro e PPro).

  • Pode
    realizar o exame teórico e esta nota substitúe á anterior ( NExam).
  • Pode realizar os problemas e/ou exercicios de deseño e esta nota substitúe á anterior (NExerc).

2. Avaliación única



Do mesmo xeito que a avaliación continua, os alumnos
que opten por avaliación única terán dúas oportunidades de avaliación, primeira
e segunda oportunidade. En ambos os casos a avaliación única constará das
seguintes probas:


  • Un exame
    no que se avalían todos os contidos teóricos da materia. Consiste en
    varios problemas curtos e/ou preguntas de desenvolvemento e dura 2 horas.
    Para superar o exame é necesario obter un 4 sobre 10. Esta proba
    representa o 40% da nota final (NExam).

  • Un exame
    práctico de deseño de sistemas cun grao de complexidade similar ao das
    prácticas de laboratorio realizadas na materia. A duración do exame será
    de 2 horas. O peso desta avaliación representa o 20% da nota final
    (Nprac).

  • Un
    proxecto individual cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto
    realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 40% da nota
    final (NPro) e é necesario obter unha nota maior que 4 sobre 10 para
    superar a materia.



A nota final (Final_au) obtense da seguinte maneira:



Final_au = (NExam*0.4 + NPrac*0.2 + NPro*0.4) se NExam
e NPro son maiores ou iguais a 4;



Final_au = min[(NExam*0.4 + NPrac*0.2 + NPro*0.4), 4]
noutro caso;

3. Outros comentarios


  • O
    estudante poderá redactar os seus informes, traballos, exames ou
    presentacións en castelán, galego ou inglés.

  • As notas
    obtidas na avaliación continua ou única só son válidas para o
    curso académico actual.

  • Non se
    permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos
    ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e
    estar fora do alcance do alumno.

  • En caso de
    detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación
    final da materia será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á
    dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere
    oportunas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000