Para aqueles alumnos que opten pola avaliación continua. Catro probas puntuables: 15% a primeira, 20% a segunda, 25% a terceira, e 40% a cuarta. O calendario de probas puntuables será aprobado pola Comisión Académica do Grao e publicado ó comenzo do catrimestre de impartición da asignatura. Estas probas non son recuperables, é dicir, se un alumno
non pode realizalas no momento en que teñan lugar, os profesores
non teñen obrigación de repetilas. En cada proba puntuable avaliaranse
conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata
a semana anterior á súa realización, inclusive. Para aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua. Exame final: 100% Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a unha calquera das probas (xa sexan probas puntuables ou exame final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente polo menos a dúas probas calesquera das tres primeiras pruebas puntuables. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que se presente a non máis dunha de ditas tres probas e que se presente ao exame final. Os alumnos que así optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de "suspenso" independentemente de que se presenten ao exame final ou non. A nota dos 3 primeiros puntuables consérvase para a convocatoria de recuperación, pero non para cursos posteriores. Para a convocatoria de recuperación, os alumnos que optasen pola avaliación continua poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas tres primeiras probas puntuables e ser reavaliados da cuarta, ou ser reavaliados no exame final sobre o 100% da nota total. Para a convocatoria de Fin de Carreira realizarase un exame que dará lugar ao 100% da nota. No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |