Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Dispositivos optoelectrónicos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Sempre que o acceso físico á Universidade non sexa posible, as clases teóricas, atención personalizada, procesos de avaliación, explicación e supervisión de prácticas ou proxectos realizaranse mediante a ferramenta “Campus Remoto” xunto co apoio da plataforma FaiTic e do correo electrónico.

As prácticas de laboratorio que non poidan ser realizadas nos laboratorios especializados da Universidade substituiranse por algunha ou varias das seguintes alternativas:

• Prácticas demostrativas nas que os estudantes deben asistir e participar de forma remota.
• Prácticas de simulación que os estudantes deben realizar e entregar informes de resultados.
• Prácticas realizadas con circuítos electrónicos que os estudantes poden montar nas súas casas e entregar un informe de resultados.

En calquera dos casos anteriores, as prácticas manteñen o peso de cada unha delas na nota final e a súa realización poderá ser individual ou en grupos de 2 alumnos en función das indicacións do profesorado, que se comunicarán con suficiente antelación.

O proxecto pode ser substituído tamén por un traballo teórico e/ou práctico relacionado cos contidos da materia. Neste caso, poderá ser individual ou en grupos de 2 alumnos en función das súas características e/ou extensión de acordo coas indicacións que o profesorado comunicará con suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000