Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Procesado dixital en tempo real
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realizarase un traballo ao longo da materia sobre a mesma plataforma. Entregarase unha memoria e o código xerado para a súa avaliación. 20 B3
B4
C69
D3
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. 70 B3
B4
C69
C70
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame sobre os contidos teóricos expostos nas clases maxistrais. O profesor proporcionará apoio aos alumnos para resolver calquera dúbida relacionada co exame. 10 B3
B4
C69
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 A
materia será impartida en castelán, aínda que toda a documentación estará en
inglés.

Avaliación

Ofrecerase
aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de
avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

Avaliación
Continua

A
avaliación continua da materia consistirá en:


  • 5 prácticas individuais realizadas sobre a
    plataforma de procesado de sinal.   Estas prácticas contarán un 50% da nota final.

  • 1 proxecto realizado en grupo nas
    horas tipo C, que contará un 30% da nota final.

  • Proba de contidos sobre toda a
    materia desenvolvida nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar
    nas datas que especifique a Escola.Contará un 20% da nota final.

A
cualificación final do estudante será calculada por agregación ponderada (70%,
20% e 10%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxecto en
grupo e proba de contidos. 

Os
contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes:


  • Introducción: xerador de sinais
    mediante taboas (10%)

  • Xeración de sinais mediante
    polinomios (15%)

  • Implementación de filtros FIR (15%)

  • Implementación de filtros IIR I
    (15%)

  • Implementación de filtros IIR II
    (15%)

  • Proxecto: (20%) Aplicación
    práctica dos contidos do curso. Entregarase na décimo cuarta semana do
    curso.

Considerarase
que o alumno escolleu someterse a avaliación continua cando entregue as dúas primeiras
prácticas do tema. O compromiso coa avaliación continua significa que o alumno
non pode ter unha nota final de "non presentado".

Avalación
final

  1.  Primeira oportunidade. O estudante terá a opción
    de renunciar á avaliación continua, podéndose presentar a un exame final polo
    100% da nota. Neste exame avaliaranse tanto os contidos teóricos impartidos nas
    clases maxistrais, como os prácticos obtidos polo resto dos alumnos no
    laboratorio. Os estudantes que desexen renunciar á avaliación continua, deberán
    comunicarllo ao profesor unha semana antes da data especificada pola Escola
    para o exame final.
  2.  Segunda oprtunidade. Ao terminar o ano
    académico, os alumnos terán unha segunda oportunidade de ser avaliados. Nesta
    oportunidade os alumnos terán a opción de manter parte da nota obtida na
    avaliación continua, completándoa mediante traballos prácticos propostos polo
    profesor, ou ben  poderán renunciar a ela, presentándose nese caso a un
    único exame final.
  3.  Convocatoria extraordinaria (fin de carreira).
    O
    estudiante deberá presentarse a un exame final polo 100% da nota. Neste
    exame  avaliaranse tanto os contidos teóricos impartidos nas clases
    maxistrais, como os prácticos obtidos polo resto dos alumnos no laboratorio.

Código ético

En
caso de detección de copia en calquera dos traballos prácticas a
cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á
dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000