=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de que a docencia se deba realizar de forma online mantéñense tódalas metodoloxías tanto nos grupos A como nos grupos C, pasando iso si a ser realizadas as clases e reunións a través do campus remoto.
Para o caso dos grupos A facilitarase presentacións locutadas a través de Faitic.
No caso dos grupos C o profesorado titor pode establecer os medios de comunicación co alumnado a través do Campus Remoto e de Faitic que considere oportuno.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No caso de que a docencia se deba realizar de forma online as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia no Campus Remoto, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que a docencia se deba realizar de forma online manterase o esquema de avaliación, se ben as actividades a desenvolver nos LPRO DAYS se farán a través do Campus Remoto e sustituirase a presentación de pósters por vídeos gravados de curta duración nos que se demostre o funcionamento dos prototipos.
|