Guia docente 2020_21
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais
 Materias
  Prácticas en Instalacións Industriais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes que en caso de imposibilidade presencial levarán a cabo a través de medios telemáticos (campus remoto)
No caso de que non se poidan realizar visitas a empresa estas substituiranse por traballos prácticos do alumnado sobre empresas reais.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O alumnado pode contactar por correo electrónico co profesor da materia ou co coordinador de grao. Así mesmo poden organizar titorías a través do campus remoto da Universidade de Vigo
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Os contidos a impartir e os resultados de aprendizaxe non se modifican
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non é necesaria bibliografía adicional respecto da facilitada ao comezo de curso nas condicións habituais

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Mantense o seu peso na nota global
* Probas pendentes que se manteñen
Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, en caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado (campus remoto, Faitic, etc.)
* Probas que se modifican
O informe de prácticas farase sobre as visitas realizadas ou si non son posibles substituirase por un informe sobre algunha empresa desenvolvido de forma virtual (estudo dos procesos industriais e o seu plan de seguridade). Neste caso o peso do informe pasa a ser do 20-40% e o do exame 60-80%
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000