Exame de preguntas obxectivas |
Preguntas de selección entre varias opcións.
Avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe:
_ Interpretar e xestionar proxectos no sector da automoción.
_ Manexar equipos humanos do sector da automoción.
_ Interpretar e xestionar aspectos ambientais na industria da automoción. |
15 |
A2
|
B1 B2 B8
|
C15
|
D1 D4 D9
|
Traballo |
O alumnado debe realizar un documento no que recolla, describa e analice un tema proposto polos profesores, desenvolvendo e aplicando todos os coñecementos adquiridos en clase.
Avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe:
_ Interpretar e xestionar proxectos no sector da automoción.
_ Manexar equipos humanos do sector da automoción.
_ Interpretar e xestionar aspectos ambientais na industria da automoción.
_ Interpretar e planificar técnicas de xestión da innovación. |
35 |
A1 A2 A5
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C2 C15
|
D1 D2 D4 D5 D6 D8 D9 D10
|
Emprégase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).
Avaliación continua: En cada tema da materia poderanse expor exercicios/traballos que permitirán ao alumno obter neles unha cualificación parcial que lles poderá permitir non realizar total ou parcialmente a parte do exame final correspondente aos devanditos temas.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Calendario de exames: Esta información pódese consultar de forma actualizada no calendario do curso. |