Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía da saúde
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Utilización de Faitic para o acceso ao material docente e para a realización e entrega de exercicios.

* Metodoloxías docentes que se modifican
A clase presencial substitúese pola clase virtual a través do Campus Remoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As sesións de titorías realizaranse por medios telemáticos a través do correo electrónico, foros de Faitic ou videoconferencia no despacho virtual do campus remoto. Esta última modalidade baixo cita previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos non experimentarán variación.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía básica xa incorpora dous manuais con acceso electrónico libre.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas de avaliación, en caso de non poder realizarse de forma presencial, adaptaranse da seguinte forma:
- Os exames de preguntas obxectivas faranse a través dos exercicios ou cuestionarios de Faitic. Ademais, mentres dure a proba, os estudantes deberán conectarse ao Campus Remoto con cámara.
- A avaliación das clases prácticas e da participación en clase realizarase a través de cuestionarios ou exercicios que serán entregados a través de Faitic, e da participación nas clases virtuales.
- A avaliación do traballo realizarase en función do traballo entregado en Faitic e da súa exposición a través do aula virtual.

Os alumnos que renuncien á avaliación continua poderán realizar un exame final na data oficial a través do Campus Remoto (con cámara) e Faitic.

As ponderaciones de cada unha das probas de avaliación manteranse sen cambios.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000