O exame final suporá o 100% da avaliación final. No entanto, os alumnos poderán realizar durante o curso 3 controis, un por cada parte principal da materia, que lles eximirá de ir ao exame final si a nota final resultante da media aritmética do tres controles é igual ou superior a 5. Agora ben, para realizar esta media aritmética, a nota en cada parte non poderá ser inferior a 3 sobre 10 puntos.
No caso de que a media aritmética dos 3 controis sexa inferior a 5 (ou algún dos controis non obteña o mínimo esixido de 3 sobre 10 puntos), o alumno deberá presentarse ao EXAME FINAL.
Nese caso, o alumno poderá consevar a nota da(s) proba(s) superada(s) con polo menos un 3 sobre 10 durante o curso, e presentarse unicamente a aquela(s) parte(s) na(s) que obteña unha nota inferior a 3 sobre 10. A nota final resultará da media aritmética do tres partes superadas con polo menos un 3, ben durante o curso, ben no exame final. Superarase a materia si esta nota media é igual ou superior a 5 sobre 10.
Nas convocatorias extraordinarias do curso manteranse os mesmos criterios de avaliación, polo que se gardará a nota dos controis realizados e superados con polo menos un 3 sobre 10 durante todo o curso.
Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá 100% da cualificación.
As datas e horas das probas finais correspondentes ás
convocatorias de maio e xullo estarán dispoñibles na páxina web da facultade http://fccee.uvigo.es |