Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Benestar, equidade e xénero
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre todo o temario 70 C6
C9
Traballo Elaboración dun informe empregando fontes de datos estatísticos dispoñibles, con programas informáticos específicos (Excel, DAD), no que se apliquen os coñecementos adquiridos. Presentación en clase das principais conclusións do informe. 30 C6
C8
C9
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado terá
dúas opcións para superar a materia:

  1. Renunciar á
    avaliación continua e solicitar a avaliación mediante un exame final, que supón
    o 100% da nota, e que se celebrará na data oficial segundo recóllese na páxina
    web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Para renunciar á avaliación continua
    é necesario enviar un correo electrónico á docente da materia antes do 21 de
    outubro de 2020.

  2. Acollerse á avaliación continua, que consta de dúas partes:


a. Realización e presentación dun
informe (30%) 
b. Un exame, que inclúe todos os
temas do programa, ao remate do período docente (70%)


Si a/o estudante
non se presenta a este exame, ou non entrega e presenta o seu informe no prazo requirido,
deixará automaticamente a avaliación continua e pasará a ser avaliada/o
exclusivamente mediante o exame final. Tamén sairá da avaliación continua se a
nota dalgunha destas dúas probas (informe ou exame) non supera o 35% da súa
puntuación máxima, pasando a ser avaliada/o exclusivamente mediante o exame final.



Aquelas/les
estudantes que non superen a materia por avaliación continua terán a oportunidade
de presentarse ao exame final, renunciando así á avaliación continua. Este
exame valerá o 100% da nota da materia, e a cualificación obtida substituirá á
obtida en avaliación continua. En caso de non presentarse, a nota da materia
será a obtida en avaliación continua.
Moi importante: Para poder acollerse á avaliación
continua será necesario ter asistido, como mínimo, ao 75% das clases prácticas.

Na
convocatoria Extraordinaria e en Fin de Carreira o exame suporá o 100% da
cualificación.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000