Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía pública
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Farase un exame que non elimina materia a mediados de curso. 20 C1
C2
C3
C5
D1
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Farase un exame, que cubre todos os temas, a finais de curso. 70 C1
C2
C3
C5
D1
D5
D7
Presentación Lecturas, análise de datos e presentacións 10 C1
C2
C3
C5
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado terá
dúas opcións para superar a materia:

1. Renunciar á
avaliación continua e solicitar a avaliación mediante un exame final, que supón
o 100% da nota, e que se celebrará na data oficial segundo recóllese na páxina
web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Para renunciar á avaliación continua
é necesario enviar un correo electrónico ás docentes da materia antes do 21 de
outubro de 2020.

2. Acollerse á
avaliación continua, que consta de tres partes:

a.
Actividades vinculadas con lecturas, análise de datos e presentacións (10%)

b.
Un exame parcial, non eliminatorio, a mediados de curso (20%)

c.
Un exame, que inclúe todos os temas, ao final do período docente (70%)

Se a/o estudante
non se presenta a calquera destes exames (b ou c), deixará de ser avaliada/o en réxime
de avaliación continua e pasará a ser avaliada/o exclusivamente mediante o
exame final. Tamén sairá da avaliación continua se a nota dalgún destes exames (b ou c) non supera o 30% da súa puntuación máxima.

Aquelas/les estudantes
que non superen a materia por avaliación continua terán a posibilidade de presentarse
ao exame final. Este exame valerá o 100% da nota, e a cualificación obtida
substituirá á obtida en avaliación continua. En caso de non presentarse, a nota
será a obtida en avaliación continua.

Na convocatoria Fin de Carrera, a avaliación realizarase, exclusivamente, cun exame final (que constituirá o 100% da nota).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000